Cinco concellos da Costa da Morte recibirán axudas para o fomento do galego
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO
![](https://img.lavdg.com/sc/h61lDU6FGs12B73tJrc8oxC7IKg=/480x/2025/02/13/00121739483582356635467/Foto/c_20240109_125128000.jpg)
É unha liña da Deputación provincial para o financiamento dos gastos de persoal técnico
14 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Deputación da Coruña investirá este ano case medio millón de euros no programa FONL, de subvencións a concellos e outras entidades locais para o financiamento dos gastos de persoal técnico dos servizos de normalización lingüística. Entre os 25 beneficiarios atópanse Carballo, Dumbría, Fisterra, Ponteceso e a mancomunidade de Ordes, na que se integra Cerceda. As axudas van dende os 18.000 ata os 20.000 euros.
«É unha ferramenta indispensable para mellorar a situación do galego, que hoxe en día está nunha conxuntura de evidente desigualdade social», destaca a deputada de Lingua, Sol Agra. O persoal técnico asesora «na procura do incremento do uso e prestixio do galego», engade.