
O rexedor reiterou a importancia de que o autor teña o seu propio Día das Letras Galegas
18 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.O Concello de Zas, en colaboración con outras entidades, xa conta cun cartel repleto de actos para conmemorar o centenario da morte do escritor local, Enrique Labarta Pose. O alcalde, Manuel Muíño, e a técnica de Cultura, Tania Carreira, presentáronlle onte a programación ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes.
Sobre as actividades, só avanzan polo momento que un dos actos centrais será o 13 de maio, coincidindo co día do seu falecemento. Na reunión, repasaron algunhas das iniciativas levadas a cabo ata agora. De feito, obsequiaron a Freixanes co calendario e o libro infantil sobre Labarta O poeta da terra.
O rexedor reiterou a importancia de que o autor teña o seu propio Día das Letras Galegas. Neste senso, o que xa se avanzou é que o Concello, en torno ao vindeiro 17 de maio, levará a cabo unha homenaxe ás cantareiras.