
Para a vindeira semana celebrarase o Día da Árbore e recuperarase a convivencia con Muxía
15 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Fundación Eduardo Pondal, con sede en O Couto (Ponteceso), iniciará hoxe unha nova edición da Escola de Tempo Libre que tamén leva por nome o do bardo, e que para esta ocasión acadou a inscrición de 23 mozos e mozas, non só de toda a comarca, senón tamén da Coruña. Continúan tamén as Aulas Científico-Tecnolóxicas Isidro Parga Pondal. De cara a vindeira semana, informa a entidade, celebrase co alumnado do curso de poda e enxertos que financia a Fundación Juana de Vega e máis con alumnos do CEIP Eduardo Pondal o Día da Árbore. Para iso plantaranse froiteiras detrás da sede da fundación, continuando co traballo iniciado xa o ano pasado. Doutro lado, o venres 21 e o sábado 22 de marzo levarase a cabo a convivencia de mozos Muxía-Ponteceso aprazada no seu día por temporal, con Rosalía e Pondal como fío.