Che Sudaka, Monoulious DOP e La Yaya DJ súmanse ao Asalto ao Castelo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Serán os concertos do venres 4 de xullo, de acceso gratuíto. As entradas para o sábado, en asaltoaocastelo.gal

19 mar 2025 . Actualizado a las 23:52 h.

4 e 5 de xullo • Alana, The Rapants, Heredeiros da Crus, Firkin e Mekanika Rolling Band xa eran unha moi boa xustificación para achegarse o sábado 5 de xullo ao Asalto ao Castelo de Vimianzo. Mais a organización vén de reforzar aínda máis o festival anunciando as propostas programadas para o venres 4: Che Sudaka, Monoulious DOP y La Yaya DJ: «Unha fin de semana irmandiña que promete e que aínda agocha sorpresas», avanzan desde Soneira.

Che Sudaka, lembran, son uns referentes internacionais do mestizaxe con sons de cumbia, ska e punk. Monoulious DOP, dou seu lado, presentarán no Asalto Chándal Metal Tour, un espectáculo que fusiona rock, funkipop e disco con «estética retroactual». Fechará ese primeiro día La Yaya DJ, «cunha sesión ecléctica que mestura temas de onte e de hoxe, facendo que sexa difícil deitarse para un sábado que virá cargado de actividades». Todo este menú de venres chegará logo da Cea Medieval, e seguirá sendo de entrada gratuíta, mentres que os concertos do sábado si requerirán a compra de entradas: xa se poden conseguir en asaltoaocastelo.gal. Cunhas bazas e con outras, a organización entende que esta do 2025 será unha «potente edición», a 28.ª, desta Festa de Interese Turística, con música, historia, teatro e gastronomía.