Fin de semana de mocidade no Couto, en Ponteceso 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

BASILIO BELLO

Foron días de intercambio e tamén de visita institucional, a do director xeral Roberto Barba 

01 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Intensa fin de semana no Couto, Ponteceso, coa visita de volta de muxiáns dentro dun intercambio en marcha entre a Fundación Eduardo Pondal e o Concello de Muxía. Pondal e Rosalía de Castro, estreito vínculo que exploran os participantes. Rapaces que xa se coñecían da anterior ocasión, a viaxe á vila da Barca, participaron de iniciativas diversas, tamén un roteiro, para coñecer mellor o traballo da entidade pontecesá. Gozaron ademais de almorzo e comida conxunta, grazas ao traballo de voluntarios da Casa da Muller. Experiencias que seguirán labrando futuro. 

Doutro lado, alumnado da Escola de Tempo Libre da Fundación Pondal recibiu o sábado a visita de Roberto Barba, director xeral contra a violencia de xénero. Falou, escoitou e admirou, sorprendido da implicación da mocidade, segundo relata Xosé María Varela, presidente da Fundación Pondal. Dende a Dirección Xeral, do seu lado, incidiron na importancia de formar en materia de igualdade ao persoal que imparte actividades aos mozos. A Xunta ten diversos programas neste sentido.