Homenaxe en Baio polo centenario do pasamento de Labarta Pose

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Labarta Pose
Labarta Pose

Será ás 11.00 na Praza Jorge Mira Pérez e participarán douscentos escolares do municipio

13 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

En torno a douscentos escolares dos tres centros de ensino do municipio de Zas participarán hoxe nun acto de homenaxe polo centenario do pasamento de Labarta Pose. Será ás once da mañá, na Praza Jorge Mira Pérez de Baio, e consistirá na descuberta dun monumento conmemorativo, nun acto simbólico de enterramento, nunha ofrenda floral e na lectura do poema Que me enterren aló!

Asistirán membros da Comisión Labarta Pose, persoeiros da comarca, a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; a responsable do Museo do Pobo Galego, Concha Losada; o académico numerario Manolo González e unha das integrantes da Comisión Executiva da RAG, María Dolores Sánchez. Estes tres últimos serán recibidos no Concello polo alcalde, Manuel Muíño, ás 10.30 e aproveitarán a visita para asinar no Libro de Honra do Concello.