
En Carballo sairá hoxe ás 21.30 horas da Praza un paseo nocturno, da man da Asociación Slowlight
14 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Na conta atrás para o Día das Letras Galegas, todas estas propostas hoxe, mércores, na Costa da Morte
Zas • No programa Maio, mes das Letras impulsado polo Concello de Zas figura hoxe unha dobre función escolar a cargo de Paco Nogueiras co seu espectáculo Brinca Vai! Ás 10.00 horas, no CPI de Zas, e ás 12.45, no CEIP Labarta Pose de Baio.
Baio • Avanza a Semana Cultural do IES Maximino Romero de Lema, hoxe coa terceira velada. Haberá ao longo da mañá, entre as 11.35 e as 14.25, coa participación de todos os grupos escolares, unha cita cos xogos tradicionais e con Somosenredos.
Caión • O programa das Letras do Concello larachés fai parada hoxe no centro sociocomunitario desta localidade, onde ás 18.00 horas poderá verse Mans, de Pablísimo: monicreques e sombras chinesas para nenos a partir de tres anos. Acceso libre.
Carballo • Arranca o Maio Musical do Conservatorio carballés, cunha audición de trompa e conxunto de metais: salón de actos, 18.00 horas. Ademais, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Luz —16 de maio—, terá lugar hoxe un dos paseos nocturnos organizados en Galicia pola Asociación Slowlight. A saída dende a Praza do Concello está fixada para as 21.30, para percorrer uns 2,5 quilómetros en hora e media. Guiará a ruta un experto en iluminación de Energal, empresa colaboradora coa iniciativa xunto co Concello. Para as inscricións, este enderezo: notificaciones@grupoenergal.com.