
Faia, De Ninghures e Paracetafolk fixéronse cos galardóns nas categorías ás que estaban nominados. Conduciu a gala a regueifeira coristanquesa Lupe Blanco
29 may 2025 . Actualizado a las 16:39 h.Os Premios Martín Códax da Música xa teñen gañadores, e varios deles traen os galardóns para a Costa da Morte logo dunha gala celebrada este mércores en Pontevedra que tamén tivo condución comarcal, coa regueifeira coristanquesa Lupe Blanco de par de Xisco Feijoo, declarado admirador desta comarca, recolledor do seu folclore.
Faia Díaz, que ben se pode se pode considerar fisterrá, foi a trunfadora na categoría de música tradicional. De Ninghures, con integrantes como Hadrián García, de Carballo, mereceu o galardón no apartado de folk e, como artista emerxente, a banda da Costa da Morte Paracetafolk. Paracetafolk son Adrián Suárez Recarey (Almozara, Santa Comba), Ángel Mourelle Abelenda (Santa Comba), Xairo Campos Blanco (Carballo), Raquel Piñeiro Pereira (Culleredo), Ángela Pardiñas Ferreiro (Langueirón, Zas), Tomás Lagoa Blanco (Lires, Cee), Kevin Canosa Martínez (Leis, Muxía) e Brais Varela Alvarellos (Carballo).