Encaixe de Camariñas e regueifa nos Premios Martín Códax da Música

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

Lupe Blanco, de Coristanco, luciu dous modelos da colección «Mitra», gañadora do certame da Mostra este ano 

30 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Ademais de polos premios, a conexión da gala dos Premios Martín Códax coa Costa da Morte veu tamén pola presentadora, a regueifeira coristanquesa Lupe Blanco, e pola súa vestimenta, dous modelos con encaixe de Camariñas, parte da colección Mitra, de Estefanía e Pedro Orgaz, gañadoras do certame de Noveis Deseñadores da Mostra 2025. «Quería levar algo que representase o meu traballo e a miña zona», dixo Lupe. Os deseñadores amósanse ledos de que o seu traballo, artesanal, siga tendo vida.