
O Abaladoiro | O exdocente do Brañas de Carballo e escritor visitou as aulas do IES Terra de Soneira
31 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Pepe Carballude deixou un gran recordo como profesor de Latín no instituto Alfredo Brañas, de Carballo. Moitos dos seus alumnos lémbrano como un deses mestres de fonda pegada. Pero Carballude tamén é un escritor de sona e esta semana andou polas aulas do instituto Terra de Soneira de Vimianzo para falar de dous dos seus libros. O último deles, En terra allea. Así que conversou coa xente do clube de lectura do centro sobre a emigración, tema da novela, e os seus problemas colaterais que tan ben narra, a precariedade laboral, os abusos, os problemas de vivenda e a desafección. Non se esqueceu de lembrar a grandes persoeiros da cultura galega que tiveron que marchar a outros mundos: Neira Vilas, Luís Seoane ou o mesmo Castelao. Tamén tivo un encontro co alumnado de ESO e de Latín do bacharelato, cos que falou doutro libro seu, A vida diaria dos romanos, un texto moi ameno e tamén a conversa chea de curiosidades do autor. Carballude é un dos escritores que este ano pasaron polo instituto soneirán, que tamén visitará David Cortizo. Xa estiveron outros, como Pedro Feijoo ou Antía Yañez.