O Concello de Zas e a RAG farán un acto sobre Labarta Pose

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

Así o acordaron nun encontro onte

24 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Zas, Manuel Muíño, reuniuse onte á mañá co recentemente nomeado presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo. A figura do escritor local Enrique Labarta Pose foi un dos temas centrais do encontro, celebrado na sede temporal da institución, ao que tamén se sumou á cita a secretaria da entidade, Ana Boullón.

Concello e RAG acordaron organizar conxuntamente o vindeiro ano un acto sobre Labarta Pose, quen tamén formou parte da RAG. O Concello xunto con outras asociacións levan tempo traballando para que se lle dedique o seu propio Día das Letras Galegas. Muíño aproveitou para felicitar a Monteagudo polo seu nomeamento.