Obradoiro de arte con lixo mariño, en Caión

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

RETOQUE RETRO

Será o vindeiro xoves 17 de xullo, impartido polo colectivo Retoque Retro, ás 11.00 horas

10 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Xoves • O Concello da Laracha anuncia para o vindeiro xoves, 17 de xullo, un obradoiro de arte con lixo mariño a desenvolver no centro sociocomunitario de Caión, ás 11.00 horas. É un taller creativo de ensamblaxe de plásticos recollidos nas praias que dirixirá Retoque Retro. A inscrición, de balde, xa está aberta, no 981 604 328, en turismo@alaracha.gal ou presencialmente na Oficina de Turismo. A iniciativa forma parte do programa Mar de Caión, financiado pola Consellería do Mar a través do GALP.