O BNG pediu dende Fisterra máis medios para a Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

O deputado no Congreso Néstor Rego participou nun acto reivindicativo polo Día da Patria Galega no faro de Fisterra

25 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

O BNG reivindicou, dende o incomparable marco do faro de Fisterra, máis medios que contribúan ao desenvolvemento da Costa da Morte. O partido promoveu o xoves un acto con motivo do Día da Patria Galega e nel tomaron parte a voceira local da formación nacionalista, Tereixa Fernández; o coordinador comarcal do BNG Costa da Morte, Xurxo Rodríguez, e o deputado estatal Néstor Rego.

ANA GARCÍA

Este último fixo fincapé na «carta de presentación limpa e clara» do partido fronte «aos lamentábeis episodios do bipartidismo estatal», e engadiu que o Bloque está preparado para asumir «novos retos».

ANA GARCÍA

Xurxo Rodríguez, pola súa banda, lamentou a «falta de planificación e respecto» á bisbarra, cunha autovía «que nunca chega» e co «desmantelamento» da sanidade pública, entre outras cousas. Ata o acto achegáronse voceiros e alcaldes da comarca, así como a mandataria fisterrá, Áurea Domínguez.