Memoria de vellos oficios laracheses, en formato documental 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

ANA GARCÍA

Estrouse en Caión o xoves esta primera entrega de «A memoria da Laracha»

04 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Non só gustou, senón que deixou no público ganas de máis. O centro sociocomunitario de Caión acolleu este xoves a estrea do documental A memoria da Laracha, que nesta súa primeira entrega aborda oficios antigos. Caión está ben presente. Xente, vida, valores... Tamén isto figura na peza, obra do videógrafo Raúl Lorenzo e o escritor-historiador Xabier Maceiras. Parte a iniciativa do Concello da Laracha dentro do seu plan de loita contra a soidade non desexada. Haberá proxeccións na Laracha e Paiosaco.