É xogadora do Cerqueda
22 oct 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Sofía Eirís Blanco, de Carballo (2015), cumpre un soño estes días, nos que adestra nas instalacións de La Masía co Barcelona alevín. A xogadora do Cerqueda recibiu a chamada do club azulgrana tras participar este verán nun campus que a entidade catalá levou a cabo en Arteixo.
Tiña seis anos cando comezou a xogar no Coristanco. É centrocampista e a súa xogadora favorita é Aitana Bonmatí. A paixón herdouna de seu pai, Schuster, que aínda xoga.