«Coralia e Maruxa», agora en libro ilustrado, con Cari Ca

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO

É a autora deste traballo divulgativo que vén de presentar a Deputación. A primeira presentación, en Laxe

23 oct 2025 . Actualizado a las 17:08 h.

A área de Dereitos Civís da Deputación vén de presentar o libro ilustrado Coralia e Maruxa, un traballo de Cari Ca —Caridad Camarero— sobre as irmás Fandiño: un traballo de texto e ilustración, divulgativo, xa repartido entre todas as bibliotecas da provincia e que ademais será presentando pola súa autora en centros sociais e educativos. Así se anunciou este xoves dende a Biblioteca Provincial. «Irmás de sindicalistas asasinados polos falanxistas, humilladas, rapadas, violadas, condenadas e sinaladas», abundou a deputada Sol Agra sobre Maruxa e Coralia, quen, con valentía, romperon normas.

Agra incidiu na importancia de divulgar a súa verdadeira historia, de dignificalas a elas e a tantas mulleres que representan. Son máis que unha foto ou parada turística na Alameda de Santiago. A primeira das presentacións do libro será na biblioteca de Laxe, para público xeral, o 31 de outubro ás 19.30. Logo virán Ames, Santiago ou A Coruña. Outra das citas na Costa da Morte será o 26 de novembro, neste caso ás 10.25 horas no instituto de Baio.