Un inmellorable comezo para «NUS», de Paracetafolk 

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

.

O Abaladoiro | A banda da Costa da Morte anuncia novo EP, xa presentado de forma anticipada 

29 oct 2025 . Actualizado a las 23:26 h.

Mentres o mundo vibra con Berghain, o novo de Rosalía, adianto do seu álbum LUX, dende a Costa da Morte a banda Paracetafolk anuncia a publicación de NUS. Será a mediados de novembro cando se lance este novo EP de catro temas que xa se puido gozar en directo en Santa Comba este pasado sábado. Foi na vila xalleira onde Paracetafolk —Premio Martín Códax 2025 na categoría de Artista Emerxente— presentou non só estas catro pezas, senón que tamén puxo á venda unidades físicas do EP. Cun prezo de 5 euros, esgotaron a primeira tirada e a segunda remesa, en preparación, está xa case adxudicada. Iso, sen ter aínda data fixa de publicación nas plataformas dixitais: darase a coñecer «proximamente».

.

Segundo indican dende Paracetafolk, NUS era o nome dun grupo folk que existiu hai anos, pero que non chegou a publicar disco. Este seu traballo reimaxina vellas maquetas cedidas á banda polos seus membros orixinais. Paracetafolk son Adrián Suárez (Santa Comba), Ángel Mourelle (Santa Comba), Xairo Campos (Carballo), Raquel Piñeiro (Culleredo), Ángela Pardiñas (Zas), Tomás Lagoa (Cee), Kevin Canosa (Leis, Muxía) e Brais Varela (Carballo).