Os viaxeiros do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) fixeron un percorrido por un espazo natural cargado de rochas ben curiosas
04 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Os viaxeiros do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom) escolleron o sábado un dos tramos máis fermosos da Costa da Morte para reencontrarse e facer un percorrido por un espazo natural cargado de rochas ben curiosas. Iniciaron a súa andaina ao pé do figueiral de Mórdomo, o mesmo ao que xa Pondal lle dedicou algún dos seus versos, e continuaron pola beira do Atlántico ata Camelle.
Antón Losada, que divulgou a súa ciencia durante decenios entre estudantes do instituto Alfredo Brañas de Carballo, explicou a formación da lagoa de Traba a raíz de que o mar empezou a subir de nivel hai uns 15.000 anos. Tamén deu cadra orixe dos granitos de dúas micas e de biotita que diferenza ás rochas dos Penedos de Pasarela das da zona de Traba. O grupo tamén fixo unha parada no Museo de Man para admirar a figura e a obra do artista alemán. Finalmente, reuníronse no restaurante Beer & Grill de Xaviña, onde xantaron copiosamente e conversaron. Emilio Roca encargárase de que todo saíra perfecto.