Pintura realista para acompañar nunha viaxe por Galicia: dende onte en Baio
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO
Xa se pode visitar a nova exposición do pontevedrés Ismael Galego
04 nov 2025 . Actualizado a las 23:27 h.Paisaxes, hórreos, festas, portas, rúas... Son os motivos dos que soe botar man o pontevedrés Ismael Galego nas súas creacións plásticas.
Enxeñeiro de formación e profesión ata o 2014, vén de inaugurar unha exposición de pintura no centro sociocultural de Baio que poderá verse ata o vindeiro 12 de decembro de martes a venres, de 15.30 a 20.30 horas, e os sábados, de 10.00 a 14.00.
Onte, en presenza do alcalde, Manuel Muíño, e de numeroso público, Ismael explicou que el emprega unha técnica «moi realista» para convidar ao espectador a facer unha viaxe polos recunchos máis auténticos de Galicia. «Recollo o que vexo, practicamente», indicou o artista.