Caridad Camarero pasou polo IES de Baio con «Coralia e Maruxa». Antes xa estivera co club BaioLendo o autor e docente Fernando Castro
28 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Como xa se tivera avanzando que faría, a laxense Caridad Camarero está dando a coñecer en entidades e centros educativos a súa obra Coralia e Maruxa, editada pola Deputación. Con esta historia ilustrada que toma como protagonistas ás irmás Fandiño chegou CariCa o mércores ao IES Maximino Romero de Lema: «Tivemos ocasión de abrir unha ventá ao pasado para que nos ilumine e nos permita comprender o presente», contan. Maruxa e Coralia son o centro, mais o libro «contribúe a dignificar e reivindicar a historia de todas as persoas que foron represaliadas, silenciadas e vexadas polo franquismo». Fronte á certa «nostalxia do réxime franquista» que parece darse nun sector da sociedade, Caridad animou á mocidade a loitar polas liberdades, a diversidade e a pluralidade. Por unha sociedade xusta e respectuosa.
A súa visita vén a sumarse a outra recente por parte dun autor ao club de lectura de adultos Baiolendo. Foi o tamén docente Fernando Castro, autor de O lanzador de coitelos, Premio Galaxia 2025. Entre as cuestións tratadas, como xurdiu a obra, a reflexión en torno á identidade, a técnica narrativa ou a presenza de Pessoa.