O programa de Vimianzo

La Voz

CARBALLO

30 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Actividades xerais

  • Venres, 5 de decembro: ás 20.00, na praza do Concello, acendido da iluminación de Nadal e apertura do Recuncho Gastronómico. Espectáculo «Tibu e os seus amigos» e chocolate de balde.
  • 6 de decembro: Presentación da campaña de comercio Mercabolas.
  • 12 de decembro: Inicio dos Cantos de Nadal, ata o 22. Percorrendo as distintas parroquias irán Teté Teatro (Salto) e o grupo de gaitas O Revoltixo de Carantoña.
  • 15 de decembro!: Inauguración da pista de xeo, que volve un ano máis: 17.00.
  • Do 16 ao 19 de decembro: Visitas de Papá Noel aos centros educativos.
  • 23 de decembro: Tradicional acendido do Cepo de Nadal na lareira do castelo.
  • Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro: Concilia Nadal, actividades para os máis pequenos, con opción de madrugadores.
  • 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis.
  • 11 de xaneiro: Duatlón de Reis.

Citas no Recuncho Gastronómico

  • 5 de decembro: Trala apertura, o día do acendido, actuará o mago Chaly Braun, con «The Polar Express Magic».
  • 13 de decembro: Festa infantil da man de Javi Solla.
  • 14 de decembro: Concerto de Nadal da asociación Trubisquiña (18.00 horas).
  • 20 de decembro: Concerto de Alana (21.00). Talento da casa e da comarca.
  • 22 de decembro: Peche dos Cantos de Nadal con Teté e O Revoltixo (20.00).
  • 23 de decembro: Animación coa visita de Papá Noel, de 17.00 a 19.00 horas.
  • 24 de decembro: Festa xa de mañá, de 11.30 a 12.30, con Teatro Calavera. Ás 13.00, recepción a Papá Noel, que seguirá coa festa entre as 17.00 e as 19.00.
  • 26 de decembro: Actuación de Suso de Andrea, máis talento local (21.00).
  • 27 de decembro: Monólogos co grupo Mortos de Risa, de Camelle.
  • 28 de decembro: Ás 18.00 horas, «Os contos de Lobicán», con Redrum Teatro.
  • 31 de decembro: Gran festa infantil con Peque Disco Moc Moc and Remember Temazos 90-2000: de 11.30 a 13.00 horas. Farase unha pequena pausa ás 13.00 para as tradicionais «prebadaladas».
  • 2 de xaneiro: Concerto do dúo D’Festa.
  • 3 de xaneiro: Concerto de Nadal a cargo de Irma Macías e Luís Pinto.
  • 4 de xaneiro: «Kamishibai do Nadal», a cargo de Juan Juste.
  • 10 de xaneiro: Despedida Rokiño.

Casa da Cultura e auditorio

  • 6 de decembro: Dobre sesión do monólogo de Touriñán «Aquí tou»:18.30 e 21.00.
  • 19 decembro: Entrega de premios do concurso fotográfico «Luz na soidade».
  • 21 de decembro: «As lambetadas de Nadal», a cargo de Os Bolechas. Entrada dos premios do concurso de postais.
  • 26 decembro: Musical «The Grinch: un cuento de Navidad». Entradas: ataquilla.com