O triplete de Alejandro Gándara

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu CARBALLO /LA VOZ

CARBALLO

Natividade González, Manuel Muíño e Alejandro Gándara, nas Torres do Allo
Natividade González, Manuel Muíño e Alejandro Gándara, nas Torres do Allo ANA GARCÍA

O Abaladoiro | Estes días presentou o seu último documental, «A costa e os castelos», pero tamén a peza coa que vén de gañar un Mestre Mateo

29 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

Alejandro Gándara presentou o venres das Torres do Allo o documental A costa e os castelos. Unha viaxe pola Costa da Morte, un traballo que foi recoñecido do certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galiza. Estiveron no acto a deputada de Cultura, Natividade González, e o alcalde de Zas, Manuel Muíño, entre outras moitas persoas. Onte mesmo, este filme foi proxectado no Espazo Sol de Carballo e o director tamén estivo presente, falando deste percorrido pola zona a través do seu patrimonio histórico, con especial atención a arquitectura civil.

Para completar, tamén onte e tamén en Zas, no auditorio de Baio, proxectouse o documental 360 curvas, co que o autor gañou nos premios Mestre Mateo e onde traballou con Ariadna Silva. Foi o primeiro dos actos do ciclo cultural sobre memoria e identidade Mulleres de Territorio, organizado polo Concello.

Así, Alejandro Gándara fixo en só dous dúas un triplete difícil de conseguir e precisamente con dous traballos, bastante distintos, pero ambos premiados.