Garantindo a boa morte

Guadalupe Vázquez Formoso LABIRINTO NAS SOMBRAS

CARBALLO

Noelia Castillo, la joven catalana que falleció tras dos años luchando por recibir la eutanasia
Noelia Castillo, la joven catalana que falleció tras dos años luchando por recibir la eutanasia

10 abr 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

pasado 26 de marzo, España asistiu ao desenlace do caso de Noelia Castillo —a moza de 25 anos que recibiu a eutanasia tras case dous anos de batalla xudicial—, morte que consterna á razón e que pasou a ser un asunto de alcance nacional. A súa solicitude fora avalada polos mecanismos previstos na lei e por varias resolucións xudiciais, mais a dimensión pública do caso deixa unha pregunta incómoda: se unha sociedade verdadeiramente xusta pode aceptar como resposta final a morte dunha rapaza marcada polo trauma e a dor.

Máis alá do enfrontamento ideolóxico, o caso obriga a mirar unha zona moral máis complexa. Porque unha cousa é recoñecer a legalidade dun procedemento e outra distinta asumir, sen desacougo, que unha muller tan nova, co seu historial de sufrimento, atopase saída na morte antes ca unha esperanza suficiente para continuar. Quizais aí resida a verdadeira ferida. Non no ruído, nos preitos nin na exposición pública, senón na sensación dun fracaso colectivo. Cando unha democracia avanzada parece ser só quen de garantir dignidade na despedida, convén preguntarse se non chegou demasiado tarde con todo o demais: a protección, o acompañamento, os coidados e o apoio posible para rescatar a esta rapaza do pozo negro no que se atopaba e ao que chegou tras unha traxectoria vital atravesada polo trauma, o sufrimento e a falta de comprensión e cariño. Era para ela a desolación pura, inerme, a escuridade e soidade absolutas. E a alternativa que lle ofreceu o Estado foi un cóctel letal de fármacos. A morte de Noelia pecha un proceso legal, pero deixa aberto un debate ético que España quizais nunca resolva.