Sobre a nova base do SVA

Antonio Lestón Mosquera TRIBUNA ABERTA

CARBALLO

<span lang= gl >Embarcación do servizo de Vixilancia Aduaneira</span>
Embarcación do servizo de Vixilancia Aduaneira Basilio Bello

18 abr 2026 . Actualizado a las 12:08 h.

Nestes días lemos e escoitamos en distintos medios de comunicación a boa nova de que a Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) abrirá unha base marítima do Servizo de Vixilancia Aduaneira (SVA) na Costa da Morte; concretamente, na ría de Corcubión, e cuxa sede será o porto de Brens, en Cee.

Ao ler esta información, podemos decatarnos de como representantes de partidos políticos se autoconsideran autores da apertura da devandita base. Nada máis lonxe da realidade: foi a parte social dos traballadores de Aduanas —e, entre eles, o sindicato CIG-AEAT—, co apoio do BNG e as asociacións de loita contra a droga, quen solicitaron durante anos a apertura dunha base na Costa da Morte pola evidente necesidade que había.

Isto pódese demostrar con documentación presentada e número de rexistro. Gustaríame ver a documentación que presentaron eses que agora se autodenominan autores de tal apertura.