Ambigüo invoca luz para tempos escuros co seu novo sinxelo, «Seres extraordinarios»
A LARACHA

A banda, un grupo de indie pop rock, naceu na Laracha no ano 2017. O novo traballo está dispoñible xa nas principais plataforams
19 jun 2025 . Actualizado a las 15:38 h.Ambigüo ten novo sinxelo: Seres extraordinarios. Un chamamento, unha invocación á luz, a esas presenzas luminosas que, sen facer ruído, cámbiano todo, seres que contaxian ledicia, enerxía, outra forma de ver o cotiá. Algo ben preciso en tempos escuros, din dende esta banda de indie pop rock nacida no municipio bergantiñán da Laracha no ano 2017. Dende a noite deste martes, Seres extraordinarios está dispoñible nas principais plataformas (pode escoitarse premendo aquí).
«El tema parte de un riff de guitarra enérgico y melódico que vertebra el estribillo, con un claro guiño a bandas como The Killers, cuya influencia ha estado presente desde los inicios de Ambigüo. La canción alterna momentos de mayor calidez y atmósferas más relajadas con un cierre potente en el que las melodías vocales se entrelazan sobre una base intensa y eléctrica. La grabación de guitarras se realizó en Fredy’s Garage, la casa de uno de los guitarristas de la banda, combinando distintos amplificadores y guitarras para dar forma a la paleta sonora del tema. El proceso se completó con Jose Bonham en Bonham Studios (A Coruña) y la colaboración técnica de Javi Bello en la grabación de baterías en Lestown Studios», precisa a banda larachesa.
Ambigüo publicou hai un ano o seu primeiro LP, Simbiosis, e marcou o retorno tralo éxito do EP Amanita (2019), co que gañaron o concurso de bandas de Estudios Mans, da Fundación Paideia. Virían logo máis de 30 concertos en directo, con presenza en destacados festivais tanto da Costa da Morte como de fóra dela, referentes a nivel galego. Traballa agora a grupación en temas novos, que seguirá publicando en formato sinxelo a partir de setembro. Integran a formación Pablo Cuadrado (voces e letras), Fredy Besteiro (guitarra, composición e coros), Antonio Martínez (teclado, baixo e coros), Dave Hernández (guitarras) e Fernando Cernadas (batería). Fágase, pois, a luz!