03 dic 2015 . Actualizado a las 05:00 h.
O Concello de Cabana, a través do seu departamento de Cultura, Educación e Turismo, inaugurá hoxe, ás 12.00 horas, os novos accesos ao castro A Cidá de Borneiro. A actividade consistirá nun encontro cos usuarios da asociación Íntegro e do centro de día de Cabana, dos colectivos que de seguro se verán beneficiados destes novos accesos. Xunto co dolmen de Dombate, o castro A Cidá de Borneiro é un dos principais reclamos turísticos do municipio cabanés, Ben de Interés Cultural (BIC) e xoia arqueolóxica na Costa da Morte.