Últimos días para inscribirse na Festa do Cocido da comisión de Borneiro, Cabana
CARBALLO/ LA VOZ
CABANA DE BERGANTIÑOS
Será un dos máis madrugadores, o vindeiro sábado 25 de xaneiro. Ten ata a xornada anterior para anotarse!
17 ene 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A comisión de festas de Borneiro, no municipio de Cabana, ten organizada para o vindeiro sábado 25 de xaneiro unha das Festas do Cocido máis madrugadoras deste ano. Será na Escola de Vela, das 22.00 horas en adiante, cun menú integrado por cocido, sobremesa, café e chupito, todo por 30 euros (os menores de 10 anos pagarán 15). Ademais do apartado gastronómico, terán tamén animación musical a cargo do dúo Matices. O aforo é limitado, e os interesados teñen ata un día antes, o venres 24 —queda por tanto unha semana— para inscribirse: en calquera membro da comisión ou no bar A Bulla. Grille: 671 858 573; Javier: 628 794 690.