O dúo vén de lanzar un novo sinxelo, precisamente en torno ao Día das Letras galegas
18 may 2022 . Actualizado a las 00:57 h.Escuchando Elefantes, dúo integrado por Carlos Tajes, de Camelle, e Silvia Rábade, veñen de publicar novo sinxelo, Adiós ríos, adiós fontes, no que colabora Amancio Prada. Estreouse este pasado venres, un lanzamento con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, honrando á memoria da autora destes versos, Rosalía de Castro.
A peza leva canda si un vídeoclip do que toman parte actores como Xosé Antonio Touriñán, Marta Larralde, Melania Cruz, Fran Lareiu ou Ledicia Sola. Unha das escenas, conta Tajes, está precisamente rodada en Camelle. Meses de traballo, encontros con Prada —que musicou o poema no 1975— e moita «dedicación e mimo» para lograr, din, un «contrapunto moderno ao tradicional», co máximo respecto a todo o camiño da obra ata o día de hoxe.