![](https://img.lavdg.com/sc/q0uQCYcWoWCl-HVfhstYpUIsb28=/480x/2025/01/31/00121738337821942183741/Foto/CF1C10F5_163619.jpg)
O escritor departiu cos participantes da súa obra «O anarquista»
01 feb 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Para presentar e comentar a súa obra O anarquista visitou Diego Ameixeiras o Club de Lectura Arao Adultos, no instituto Pedra da Aguia de Camariñas. Seguen comprometidos co fomento do hábito lector. «Este evento forma parte das actividades culturais que o IES Pedra dá Aguia organiza para fomentar o hábito da lectura entre os seus estudantes e neste caso, a comunidade local. A intervención do autor galego reforza o compromiso do centro educativo coa difusión da literatura contemporánea e a promoción do pensamento crítico. O Club de Lectura Arao Adultos caracterízase por ser un espazo de encontro e reflexión literaria, con máis de 15 anos de vida, onde se realizan actividades periódicas que permiten aos participantes compartir e profundar nas obras lidas, nun ambiente de diálogo e enriquecemento», trasladaron dende o centro.