Artesanía variada, solidariedade e palilleiras do mundo: «A Mostra dará para moito»
CAMARIÑAS

O Concello de Camariñas segue dando a coñecer a programación da edición deste 2025
29 mar 2025 . Actualizado a las 05:00 h.«A Mostra dará para moito», incidía onte o Concello camariñán logo de ter lanzado xa o xoves todas as presentcións literarias que haberá no encontro. Nos postos de Encaixe de Camariñas entre o 16 e o 20 de abril poderán mercarse pezas exclusivas de enxoval doméstico, complementos de moda ou souvenirs, mais no pavillón Víctor Vigo tamén haberá palilleiras doutros puntos de Galicia e España, ademais de Bulgaria, Hungría, Italia, Polonia e Portugal. Artesanía Corman, Artesanía Nía, Olería de Buño, Suso Calo-Lobo Tolo e Tejas Pintadas encargaranse de exhibir outros oficios artesanais en vivo e, a maiores diso, haberá ata dez estands de produtos feitos a man. No caso de postos de palilleiras, chegarán a ser 17 propostas.
No eido da solidariedade, a asociación STOP FA —ataxia de Friedreich— e AECC volverán ter representación. Haberá Punto Violeta e estands da Deputación e Concello, así como de Encaixe Azul e APTCM.
EStands das palilleiras
Ana Trasariz, a Asociación de Palilleiras Nosa Señora da Barca de Muxía, a Asociación de Mulleres Rurais de Moraime, Arte en Palla, “As Nemanquiñas” de Vimianzo, a Asociación Profesional de Palilleiras de Rendas, a Asociación Puntillas de Camariñas, El Rincón de los Sueños, Encaixa-T, Encaixes Arjomil, Encaixes Belén, Encajes Gelina de Camariñas, Encaixes Maruja de Camariñas, Fiando Miúdo, Galencaixe, Nadia en Vela e O Cornechiño de Lita.
Stands de artesanía
Antolín Piel, Artesanía Corman, Artesanía Nia, Fils i Agulles Carme Espriu, Malas Hierbas Artesanía, Miña Terra, Suso Calo ? Lobo Tolo, Tejas Pintadas, Olería de Buño e Xacarandá.