Presentacións literarias inminentes: Miro Villar e José Torres

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Jose Manuel Casal

Unha será en Santiago e outra, na libraría Brañas Verdes de Carballo. Ambas, de poesía

12 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Dúas presentacións literarias vinculadas á poesía coincidirán nas próximas horas, xa sexa en territorio comarcal ou ben a cargo de xentes vinculadas á Costa da Morte. A primeira será mañá mesmo, na Sede Afundación de Santiago. Así, ás 20.00 horas, o ceense Miro Villar dará a coñecer a obra «Dorna saudal. Poemas do mar e léxico mariñeiro de Antón Zapata García», publicación na que el se ocupou da edición literaria. Organiza Ateneo de Santiago e Edicións Fervenza. Con Miro estarán Pilar Sampedro, vogal do Ateneo, e Francisco Fernández Rei, académico da RAG. Por outra banda, a librería Brañas Verdes de Carballo acollerá o 15 de xuño (este venres) a presentación da obra «Poemas de mi vida», de José Torres. Acompañará ao autor José Antonio Andrade. O acto está previsto para las 20.00 horas.