
Dende este martes ata o venres están previstos unha serie de obradoiros nos centros educativos, e máis actividade na biblioteca Rego da Balsa
22 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe arrinca en Carballo a 16.ª Semana do libro e a lectura. Estenderase ata o mércores, día 30, tanto nos centros de ensino como na biblioteca Rego da Balsa, espazo, este último, no que haberá exposicións permanentes de traballos elaborados polos alumnos en horario de tarde.
Dende este martes ata o venres están previstos unha serie de obradoiros nos centros educativos. Con Antón Cortizas, os estudantes practicarán a tradición oral. Antía Otero traballará a consciencia arredor das palabras. Tamén se traballará a tipografía con Alouette Machine, e decorados cinematográficos con Noelia A Ferreira.