Maiores de 60 anos, e moi dinámicos en Carballo

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Concluíu o programa Remocea coa entrega de diplomas de estimulación cognitiva e actividades lúdico-formativas

18 jun 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A primeira edición do programa Remocea, actividades para maiores de 60 anos promovidas polas áreas de Terceira Idade, Servizos Sociais, Innovación e Deportes de Carballo, chegou á súa fin coa entrega de diplomas aos participantes nos cursos de estimulación cognitiva e actividades lúdico-formativas. Cen persoas acudiron ao salón de plenos, aínda que nos talleres de memoria participaron 180 e 80 rama lúdico formativo, en distintas parroquias: Ardaña, Cances, Carballo, Noicela-Rebordelos, Oza, Razo, Rus, Sísamo, Sofán, Berdillo, Aldemunde, Entrecruces, Lema...

BASILIO BELLO

Evencio Ferrero, Maica Ures, quen falou da socialización fronte á soidade dos maiores, Maruxa Suárez e Ramón Varela participaron do acto, que rematou cun almorzo.

En Remocea houbo tamén informática, telefonía móvil, exercicio físico e animadas sesións de baile, que xa remataron por esta tempada. En total, máis de mil participantes.