![](https://img.lavdg.com/sc/Gw0zRh7UfRE7fIk1No5s_LwxeVw=/480x/2024/06/07/00121717770781345856989/Foto/CJ8C9F1_163145.jpg)
A súa fotografía, feita en Queixas, amosa unha nena lendo o libro Pippi Mediaslongas
07 jun 2024 . Actualizado a las 20:08 h.O Certame de Fotografía das Letras Galegas convocado polo Concello de Cerceda ten xa galardoada. Nesta cuarta edición foi Lucía Sellés Pallas, de 9 anos e veciña da parroquia de Queixas, a que mereceu o galardón. A súa fotografía, feita en Queixas, amosa unha nena lendo o libro Pippi Mediaslongas no medio dun campo de margaridas. Diploma e libro electrónico fóronlle entregados polo alcalde, Juan Manuel Rodríguez, e a edila Cristina Capelán. Todas as imaxes participantes están expostas na sala Neira Vilas da biblioteca municipal.