O colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerceda gaña o certame autonómico das Letras Galegas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

Rosa Casás Rama e Adolfina Casás Rama, nunha fotografía tomada na Vila da Igrexa (Cerceda) en 1980 pola musicóloga Dorothé Schubarth; e Eva Castiñeira tocando a pandeireta e cantando.
Rosa Casás Rama e Adolfina Casás Rama, nunha fotografía tomada na Vila da Igrexa (Cerceda) en 1980 pola musicóloga Dorothé Schubarth; e Eva Castiñeira tocando a pandeireta e cantando. Fondo Dorothé Schubarth-Antón Santamarina / Pablo Quintana

Venceu na categoría de infantil e primaria coa súa exposición «Cantareiras: poesía popular oral»

06 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A Xunta deu a coñecer os centros educativos que resultaron vencedores no concurso do Día das Letras Galegas 2025, que se lle dedican este ano ás cantareiras e á poesía popular. Desta banda, os galardóns recaeron no colexio Celso Emilio Ferreiro de Cerceda, na categoría de infantil e primaria, e no instituto Castelao de Vigo, que logrou o distintivo na sección de secundaria.

O proxecto dos cercedenses levou por título Cantareiras: poesía popular oral, e o xurado fixo fincapé no seu carácter integrador e inclusivo, «co emprego de técnicas e recursos diversos, entre os que se atopan códigos QR ou pictogramas», apuntan dende a Xunta nun comunicado. A mostra, que se acompañou dunha guía didáctica, recibirá como gratificación un premio económico de 2.000 euros.

Con esta convocatoria, o Goberno galego buscou impulsar a achega da mocidade a esta manifestación da cultura popular, instando aos rapaces a afondar na importancia dos cantos e da tradición oral para a lingua galega ao longo da historia, así como no labor fundamental das mulleres como transmisoras desa riqueza.