Premio para o CPI O Cruce polo seu goce coa lingua

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CERCEDA

Os alumnos protagonistas do vídeo, viral nas redes, serán recibidos este xoves polo alcalde de Cerceda

14 may 2025 . Actualizado a las 18:45 h.

Aroa, Carlos, Ainhoa, Olivia, Rubén, Paula, Iria, Celia, Noelia, Joaquín, Sheila, Antía e Saúl, alumnos do CPI O Cruce, serán recibidos este xoves ás 13.00 horas polo alcalde de Cerceda, Juan Manuel Rodríguez. Será isto na Casa do Concello, un recoñecemento que chega logo da atrevida peza audiovisual coa que este martes mereceron os rapaces o premio DígochoEu de Ouro.

A gala, gravada en Santiago, será emitida este sábado 17 de maio a partir das 12.00 horas na canle autonómica. Os estudantes cercedenses recibiron o seu galardón de mans do conselleiro de Cultura e Lingua, José López, e da comunicadora Esther Estévez, ao fronte do célebre espazo DígochoEu. Goza coa túa lingua, a proposta do CPI O Cruce alentada polo profesor Nel Vidal, foi viral en redes dende o inicio.