Olympus e La Misión nunha nova Festa do Cochiño en Cerceda

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

ANA GARCIA

Será o 26 de xullo, e ata o 22 despacharanse tiques anticipados

03 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

26 de xullo • O Concello de Cerceda vén de facer público o cartel da vindeira edición da Festa do Cochiño. Será a edición número 26 e celebrarase, casualmente, o sábado 26 deste mes de xullo.

Terá lugar no polígono do Acevedo, como xa é costume, e comezará coas actuacións dos grupos San Martiño de Cerceda e Faíscas da Pontraga, así como da charanga Santa Compaña.

Ás dúas da tarde comezará o xantar degustación de cochiño, churrasco, polbo e outros produtos de cociña galega, custando cada ración catorce euros. Ata o 22 de xullo venderanse tiques anticipadamente no viveiro de empresas, de 9.00 a 21.00 horas. Ademais, dende o día 24 poderase facer reserva de espazos na parcela para a instalación de carpas.

De 15.30 a 19.00 horas haberá inchables gratuítos, ás 20.00, verbena coas orquestras Olympus e La Misión, e ás 23.00, fogos de artificio.