A arte de Anomar, aberta a olladas no viveiro de Cerceda

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

A creadora larachesa inaugurou neste espazo a súa exposición «Entre ángeles y aldeas»

09 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

En Caión foi o seu bautizo expositivo, mais xa alí se aventurou que habería novas paradas. Xa se pode visitar no viveiro de empresas de Cerceda, de 09.00 a 21.00 horas, a exposición Entre ángeles y aldeas, de Anomar. Anomar é o nome artístico de Ramona Pérez (Golmar, A Laracha). Veciños e visitantes verán nestra mostra soportes de arte ben distintos: lenzos, botellas, tellas, bidóns, madeira... Malia que foi moi recentemente cando se decidiu a expoñer, Anomar crea dende hai un cuarto de século. Empezou facendo escenas de campo, dende a esfolla ás lareiras, evolucionou logo á fantasía e agora móvese no mundo das emocións. Entre as pezas a admirar nesta mostra, unha «lúa xigante» duns dous metros, manifestacións coas que se atreve para determinados eventos ou citas especiais, a xeito mesmo de decoración.