Ramón Vilar presenta na casa «Nós estamos ben, non?»

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

CERCEDA

Ramón Vilar e Fernán Vello, na presentación do libro en Carballo
Ramón Vilar e Fernán Vello, na presentación do libro en Carballo BASILIO BELLO

O autor cercedense dará coñecer a súa última obra este venres na biblioteca municipal

31 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

A proba de fogo foi en Carballo, e superouna con creces. Nós estamos ben, non?, a máis recente obra de Ramón Vilar Landeira, foi un dos libros máis vendidos da Praza dos Libros da capital bergantiñá, hai apenas unhas semanas. Agora, Vilar chega á casa, a Cerceda, o seu municipio natal. O autor, de Rodís, presentará este venres 1 de agosto o seu traballo na biblioteca municipal. Será ás 20.00 horas, e estará acompañado pola concelleira Cristina Capelán, así como polo editor e tamén escritor Miguel Anxo Fernán Vello. Nós estamos ben, non? saíu á rúa baixo o selo de Espiral Maior, e recompila artigos publicados en La Voz de Carballo polo propio Vilar Landeira, nunha sección que levaba por título Fóra de cobertura.