![](https://img.lavdg.com/sc/jFQ6zOw2xfFOaCKJhMdoHQazF14=/480x/2025/02/05/00121738774262174978419/Foto/CF6C6F3_174925.jpg)
Ata o 14 de febreiro pode visitarse na biblioteca a instalación con pertenzas persoais da activista coruñesa
07 feb 2025 . Actualizado a las 00:19 h.Ata o 14 de febreiro • Dende o venres e ata mediados de mes poderá visitarse na biblioteca de Corcubión a exposición Relembrando a Trini, iniciativa da área da Igualdade da Deputación. A mostra recoñece a figura de Trinidad Falcés, muller trans coruñesa, pioneira activista polos dereitos LGTBI. Chegou a cumprir condena en cárceres e sobreviviu prostituíndose, padecendo ata a súa morte, no 2022, moita precariedade. «Unha vida que merecía unha homenaxe, a vida dunha muller á que lle impuxeron un xénero que non se correspondía co seu e se revelou contra a imposición, malia a represión e o medo», afirmou Soledad Agra, deputada de Igualdade.
![](https://img.lavdg.com/sc/r6j1sCdxdE3wcPyE0eRy_Akh-78=/480x/2025/02/05/00121738774262479182868/Foto/CF6C6F3_174931.jpg)
A exposición artéllase arredor dun armario-instalación onde se ordenan obxectos persoais de Falcés: fotos, roupa, bixutería... «Lembra historias esquecidas das que queda pouco rastro por culpa da marxinalidade», apuntou Sergio Marey, responsable do comisariado. Fito Ferreiro, da asociación Palestra, quen acompañou a Trini nos seus últimos meses, falou da necesidade de reivindicar figuras como a desta coruñesa: «Coñecer o noso pasado para construír o noso futuro».