
No IES de Baio bota a andar o Mes do Libro e no CPI de Zas avanza a Semana Diversa
03 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Xoves destacado no municipio zasense, pois ademais de botar a andar o sétimo Mes do Libro no instituto de Baio —ver dereita—, avanzará a terceira edición da Semana Diversa do CPI de Zas. Esta nutrida de cinco días para celebrar a diversidade e aprender sobre a inclusión educativa con todos os niveis de alumnado, tendo previsto para hoxe un obradoiro nesta materia. Participarán do taller alumnos de toda a ESO, unha actividade na que colabora o Concello de Zas e na que a aprendizaxe, de 11.15 a 12.55, chegará da man de Afexdi (Asociación para a Formación e Emprego de Xóvenes Discapacitados).
Na igrexa parroquial de San Marcos de Corcubión, doutro lado, comezará o programa de actos conmemorativos do centenario do Cristo da Agonía. Así, ás 20.00 horas, terá lugar unha conferencia acerca do escultor desta talla, José Rico, un relatorio de vida e obra que correrá a cargo do investigador Paulo Blanco Quelle. A continuación presentarase o cadro conmemorativo deste centenario, un traballo do pintor Alberto Blanco Suárez que, por certo, lustrará o cartel oficial da Semana Santa da Unidade Pastoral. Falará el mesmo con quen se achegue.