«O Vákner é, ou debería ser, unha figura de todo o Camiño de Santiago»

F.R. / C.V. CARBALLO / LA VOZ

DUMBRÍA

Detalle da escultura que homenaxea ao Vákner en Dumbría. Á dereita, portada do libro.
Detalle da escultura que homenaxea ao Vákner en Dumbría. Á dereita, portada do libro.

Raúl González, alcalde de Dumbría, e Bieito Romero, de Luar na Lubre, recalcan o valor desta figura mitolóxica

13 sep 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O alcalde de Dumbría, Raúl González, é clave para que os relatos sobre o Vákner poidan estar compilados nun libro que se vai repartir o domingo coas edicións de La Voz de Galicia de Santiago, Barbanza e Carballo e para que haxa novas creacións coa convocatoria dunha nova edición do concurso. En Radio Voz Bergantiños falou sobre o proxecto.

—Cruzouse co Vákner de camiño a Compostela?

—Podía ser porque aínda que a iniciativa Vákner está centralizada en Dumbría é, ou debería ser, unha figura de todo o Camiño, non só nosa. Daquela, vindo cara Santiago e de alí a Fisterra e Muxía é todo Camiño. Se a figura realmente, se é unha especie de lobo, como está representado, estes animais ao longo dunha xornada percorren moitos quilómetros e, ao mellor, cruceime con el indo para a presentación do libro no hotel Monumento San Francisco.

Raúl González, alcalde de Dumbría
Raúl González, alcalde de Dumbría Ana García

—Para saber máis sobre esta historia con coller o libro o domingo téñeno solucionado. Canto talento conten!

—Eu penso que o que quere un autor cando escribe unha obra é que sexa coñecida e fixemos un esforzo aí para editar este libro. Eu penso que a xente que escribiu os relatos sobre O Vákner nestas edicións pasadas ten que estar moi contenta de que se dea a coñecer deste xeito, coa difusión que ten La Voz, en toda a bisbarra e en toda a comunidade.

—Cal foi o seu papel?

—Nós somos os que financiamos todas estas actividades, polo que temos cousas que dicir. O libro é unha iniciativa que non só celebra o talento literario, senón que preserva a memoria e o legado destas creacións que durante anos foron alimentando o mito do Vákner.

—Vai estar ou está xa nas bibliotecas que ten o Concello?

—Tan pronto como podamos ímolo levar para las bibliotecas porque vai no noso ADN. O tema do Concello de Dumbría é precisamente deporte e cultura, polo que tanto o libro como o concurso se adaptan moi ben ao que andamos buscando.

Bieito Romero, líder de Luar na Lubre
Bieito Romero, líder de Luar na Lubre BASILIO BELLO

«Estou convencido de que o espírito dese lobishome está »

Luar na Lubre e, por tanto, Bieito Romero, ten moito que dicir, e cantar, con respecto ao Vákner. Tres membros do grupo, el mesmo, Brais Maceiras e Xavier Ferreiro, participaron na presentación do libro en Compostela. Bieito tamén falou en Radio Voz.

—O grupo estivo no acto, pero nun formato reducido.

—Un formato en forma de trío para interpretar o tema Vákner que nós compuxemos para aquel congreso que se fixo hai anos e no que se decidiu que podería tratarse de un lobishome e incluímos o noso disco Vieiras e vieiros, que vai sobre peregrinos, e fixemos na presentación a versión reducida desta suite, deste tema chamado Mártiros e o Vákner

—Levan aí case desde o principio

—Nós estamos encantadísimos de poder estar e ser un pouco partícipes do nacemento desta figura que nos chegou a través da historia do peregrino armenio.

—Chegouse a cruzar co propio Vákner nas súas visitas a Dumbría?

—Coa estatua, unhas cantas veces. Co real non, porque creo que non está no lugar, ou polo menos no físico porque pode ser o que o que si estea doutro xeito. Estou convencido de que o espírito desde lobishome si está aí. Por iso se lle chama Territorio Vákner. A verdade é que non tiven a sorte, ou non sei como chamarlle, de encontrarme con el.

—Como lle foi a Luar na Lubre este verán?

—Podemos facer un balance moi positivo. Concretamente o mes de agosto foi excepcional. Continuamos con concertos porque esto non ten final, non ten paraxe e o próximo será en Pereiro de Aguiar. Despois estaremos en Valladolid, en Alcoi e iremos Kazajistán a un gran festival de músicas do mundo que se celebra alí e preparando a celebración do noso corenta aniversario que vai ser no 2026 e aínda temos moito que facer.

Luar na Lubre ten fundidas parte das súa raíces na Costa da Morte. Non só pola súa participación no proxecto do Vákner de Dumbría. A Fisterra atlántica estivo sempre presente nos seus traballos discográficos e nos concertos.