Las comisiones de Fisterra piden más partida para cultura

La Voz CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

.

Señalan que cada vez es más difícil organizar los festejos, porque todo se ha encarecido

26 may 2023 . Actualizado a las 11:39 h.

Los presidentes de cinco comisiones de fiestas de Fisterra se han unido en un comunicado conjunto para expresar las dificultades que supone organizar hoy día unos festejos y para pedir a las Administraciones que aumenten las partidas destinadas a cultura.

Manuel Mariño, de la comisión del Carmen y la Semana Santa; Eva Senlle, de Duio; Rosalía Lago, del Buen Suceso; Óscar Cancela, del San Juan de Sardiñeiro, y Xoán Bautista, del Carmen de esa misma localidad, expresan en su escrito que se ha complicado mucho la organización de una fiesta «porque cada vez as cousas están máis caras, como a luz, o alugueiro das carpas, os xogos, as orquestras e un longo etcétera».

Por ese motivo, y conscientes de las dificultades que atraviesan las familias, piden más fondos públicos para apoyar estas celebraciones. «As festas son cultura, son reunión, son disfrute, son vida!», reclaman. A continuación, el texto íntegro: 

Escrito conxunto dos presidentes das asociación-comisións de festa de Fisterra

Nós, os presidentes das comisións de festas de Fisterra, queremos facer un chamamento e expoñer as nosas dificultades para facer as nosas verbenas. Detrás de cada unha das nosas festas hai un longo traballo durante todo o ano, non paramos dunha data a outra porque cada euro conta. Intentamos facer a festa para o disfrute dos nosos nenos, os máis mozos, maiores...

A nosa maior satisfacción é ver eses días o campo cheo de xentiña que ao mellor nin se ve en todo o ano, contando un conto, anécdotas ou bailando coas orquestras. Somos conscientes asimesmo dos tempo que corren, das necesidades da xente, das familias, cada un dá o que pode! Por iso temos un desexo, un desexo conxunto: «Que as Administracións públicas, o noso concello e outros organismos manteñan os orzamentos para a cultura e se incremente un pouco ano a ano, porque cada vez nos custa máis facer as festas, cada vez as cousas están máis caras (a luz, o alugueiro das carpas, os xogos e un longo etcétera)». 

Queremos dicir que as nosas festas son cultura, son reunión, son disfrute, son VIDA!

Os nosos desexos de boas festas. 

Manuel Mariño López, comisión de Semana Santa e o Carme

Eva María Senlle Buiturón, comisión de festas de San Vicente de Duio

Rosalía Lago, comisión del Buen Suceso

Óscar José Cancela Domínguez, comisión de festas de San Xoán de Sardiñeiro

Xoán Bautista, comisión de festas do Carme de Sardiñeiro