«Sátira Trum_posa e Puta_tiva a un par de...»

Roberto Traba CARBALLO / LA VOZ

FISTERRA

Brian Snyder | REUTERS

Novo divertimento a cargo de Roberto Traba, desta banda un sarcástico análise do conflito entre Ucraína, Rusia e Estados Unidos

01 mar 2025 . Actualizado a las 18:11 h.

Cúmprense agora tres anos

do da guerra de Ucraína,

e axiña, polo que din,

disque vai chegar ao fin

por un acordo sinistro

entre o Trump e o Putin.

 

 

Tres anos de bombardeos,

cada noite e cada día.

Non se sabe cantos son

os mortos, sen ton nin son,

que morreron inocentes

durante a conflagración,

 

 

como tampouco se saben

os millóns que se empregaron

neste inhumano marrón,

de difícil solución,

cuxo único obxectivo

foi provocar destrución.

 

 

Intereses xeopolíticos,

motivos macroeconómicos,

discrepancias de nacións,

e outras estrañas razóns

din que son causa e orixe

de tanta desolación.

 

 

Pero o conto é o de sempre,

a ninguén van enganar,

todo o mundo pode ver

que o motivo deste affaire

non é outro que a cobiza,

e as ansias de poder

 

 

por parte de dous señores,

dous poderosos tiranos,

dous dende sempre inimigos

que pra partirse o pastel,

mira ben o que che digo,

fixéronse máis que amigos.

 

 

Tan amigos se fixeron,

que este par de delincuentes

tildan sen ningún rubor

a Zelenski de agresor,

de tirano, de intrigante

de paiaso ou de traidor.

 

 

A min, esta nova xogada

por parte do Putin e o Trump,

se apelamos á memoria

recordando un pouco a historia,

lémbrame a Hitler e a Stalin,

cando en ruín cerimonia,

 

 

polo ano 39

do século xa pasado,

en operación notoria,

sen aviso e en complot

repartíronse Polonia

sen ningunha parsimonia.

 

 

Repítese pois o conto!

Outra Europa dividida!

Volve un mal que ao mundo aterra,

un perverso e vento escuro

que soa a tempos de guerra

e o machado desenterra.