
Xa están á venda as entradas para o festival, do día 27 ao 29, ao pé do cabo Fisterra
03 jun 2025 . Actualizado a las 23:29 h.Do 27 ao 29, entradas á venda • Música, territorio e natureza. Así se anuncia o Fisterra Experience, «proposta única», «experiencia cultural completa», programada do 27 ao 29 de xuño. Ao pé do cabo Fisterra, o festival contará nesta edición con artistas como Baiuca, A Pedreira, DJ Mil ou Phonorama, na xornada do venres 27, e con Helena Egea, Mondra ou MFC Chiken o sábado 28. Axiña se irán confirmando outros nomes neste programa que inclúe ademais concertos en barco ou torneos de futbolín, celebrando a quen foi o seu creador, Alejandro Finisterre.
Concello de Fisterra, Nordesía, Xacobeo, Estrella Galicia, Xunta, Deputación, Bela Fisterra, Cruceros Fisterra e O Semáforo colaboran nesta cita coa «identidade» e a «beleza»: «Fisterra Experience é moito máis ca un festival, é unha maneira de entender a cultura como parte dun territorio vivo». A Costa da Morte. As entradas, xa á venda en fisterraexperience.gal.