
A cita, organizada pola asociación Rapacollóns, será este sábado 12 de xullo
09 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Sábado • Disfraces, festa e sol: cita soñada para moitos este sábado en Fisterra. Rapacollóns promove de novo o seu Entroido de Verán, cunha mañá de inchables e rúas e bares animados por Nin Chica nin Patacón e A Tripulasión. Ás 19.00, concentración de disfraces na praia da Ribeira, dende onde se fará un desfile ata a Praza da Constitución, animado por O Rumbo, A Tripulasión e Rapacollóns Big Band. Xa alí, ás 21.15 horas, pregón da creadora de contido Alba Castro, de Sardiñeiro (@mamatopa_alba), e logo actuacións de La Disquetera, Pablo Balseiro & The Verbenian Orquestra e o DJ Enter.