Inaugurada no mercado cultural unha mostra en torno ao cantigueiro tradicional
02 oct 2025 . Actualizado a las 19:57 h.«Queremos que esta mostra sexa un recoñecemento do papel e o talento desas mulleres que moitas veces non tiveron acceso á educación, pero que foron claves para conservar a cultura, para crear unha cultura colectiva e transmitila de xeración en xeración. E, con ela, a nosa lingua»: con estas palabras deu a coñecer o Concello de Fisterra a exposición onte inaugurada na vila, Cantade todas a unha: o cantigueiro popular galego.
A apertura da mostra, cedida pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a través da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Cultura, reuniu no mercado cultural fisterrán a Valentín García, secretario xeral da Lingua, e Luís Insua, alcalde. «Dende a concellería de Cultura pensamos que a nosa vila está en débeda coas nosas cantareiras, polo que lle queremos render a homenaxe que merecen», trasladou o consistorio.
Cantade todas a unha, mostra que xa pasou por localidades como Muxía, aborda nas súas distintas partes contidos diversos, entre os que están as homenaxeadas nestas Letras Galegas 2025, o papel dos recompiladores, o rexurdir en Galicia de grupos de gaiteiros, bailadoras, bailadores e cantareiras... Presente e futuro da tradición.
Cita este sábado
A mostra aberta en Fisterra compartirase este sábado con cantareiras mediante un concerto de pandeireteiras de Xacarandaina, incluído no Outono das Artes da Deputación: 19.00 horas, mercado cultural.