Teresa dos Cucos, un tesouro vivo, hoxe na Foliada das Letras Galego-Portuguesas 

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

MALPICA DE BERGANTIÑOS

ANA GARCÍA

O encontro terá lugar en Santiago, cuns 500 rapaces de centros educativos das dúas beiras do Miño, entre eles o IES Eduardo Pondal de Ponteceso 

23 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Santiago acollerá hoxe a Foliada das Letras Galego-Portuguesas promovida por Ponte... nas ondas!, tres horas de festa baixo o lema Agora cantamos nós! Está prevista a asistencia de mozos de centros educativos das dúas beiras do Miño, uns 500 rapaces, e entre eles estará o instituto Eduardo Pondal de Ponteceso. Participará coas Pandeireteiras da Ponte, mais levará canda si a unha muller que é «tesouro vivo», mestra da memoria, figura destacada na preservación e conservación da música e tradición oral. Trátase de Teresa Reigía, de Malpica, Teresa dos Cucos, estes días plena de actividade nun ano de Letras Galegas dedicadas ás cantareiras. A Foliada das Letras Galego-Portuguesas está apoiada polo Concello de Santiago, Secretaría Xeral da Lingua, Consello da Cultura e tamén Deputación.