Con todo, a obra premiada no certame poético Illas Sisargas será dada a coñecer este venres
20 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.Por causas alleas á súa vontade, a organización da Cea das Letras de Malpica, prevista inicialmente para o sábado, comunica que o encontro queda adiado. Non obstante, o título e autoría da obra premiada no certame de poesía erótica Illas Sisargas si serán dados a coñecer mañá, venres, nun acto público programado para as 19.00 horas no salón de plenos. Asociación Caldeirón e Concello agradecen a compresión e convidan á asistencia ao anuncio do fallo do concurso.