Convocado o terceiro premio de poesía López Abente

La Voz

MUXÍA

O galardón pretende difundir a figura do muxián e estimular a creación poética en galego

19 mar 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

A Fundación Gonzalo López Abente e a Secretaria Xeral de Cultura, dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, veñen de abrir o prazo para a entrega de orixinais que queiran optar ao Premio de Poesía Gonzalo López Abente, que vai xa pola súa terceira convocatoria. O galardón terá unha dotación de 2.000 euros, así como unha peza escultórica, sendo a obra premiada, ademais, publicada por Edicións Xerais. O tempo para entregar os traballos remata o día 27 de abril.